lunes, 6 de abril de 2015

Vento de ningures

Zoa o vento,
e noto o seu movemento
¿É norte? Seica será nordés
pero aquí non hai.
E o vento devolveme a cando a miña carne era donda
e non coñecía o pracer nin o amor,
cando a nosa terra e eu camiñabamos xuntos,
e agora no peito xurde un escuro burato que non sei encher.

No hay comentarios:

Publicar un comentario